Xestións co Concello
—Camino de Santiago, Río Miño, Castromaior
Recursos turísticos do Concello de Portomarín
Datos de Contacto
- Praza do Camiño 1 27170 Portomarín (Lugo)
Deixanos a túa mensaxe
O Concello en vídeo
—Ven a coñecernos
Concello de Portomarín
Famosa pola beleza paisaxística, o esmero co que se manteñen os moitos espazos naturais existentes no concello, (parques como o de Manuel de Blas, Antonio Sanz, ou Agustín del Río), fan que Portomarín sexa coñecida como Villa Xardín. Hoxe en día é a poboación galega que ten máis extensión de zonas verdes no seu centro urbano.
Portomarín conta cunha superficie de 115 quilómetros cadrados, divididos en vinte parroquias. A poboación, un total de 1918 habitantes, concéntrase principalmente nas parroquias de San Pedro e San Nicolás de Portomarín, que conforman o centro urbano do concello.
Ver o mapa
—Desfruta da natureza
Rutas turísticas: Moito por ver e por facer
Ruta do Sendeiro Río Ferreira
Esta ruta parte da vila de Portomarín e lévanos polos camiños que transcorren á beira do río Ferreira, visitando lugares como Zazar, San Clodio, San Fiz, onde podemos contemplar antigos muiños e pontes como a de Cebre,
Portomarín – Castromaior
Sáese de Portomarín cruzando o encoro por unha ponte para viandantes. A partir de aí empeza unha subida bastante intensa, seguindo o curso da estrada ata chegar a Gonzar, coa súa igrexa e o seu albergue, situado ao pé do Camiño.
Ruta do Loio
Aínda que estamos a seguir o carreiro río abaixo, o roteiro está chea de repechos. Que ninguén pense que isto é todo baixar. Pasamos xunto a uns carballos e castiñeiros espectaculares e a continuación chegamos ao seguinte punto de interese…
—Portomarín
Benvidos ao noso Concello
No nome do Concello que teño a honra de presidir, quero darvos a benvida a esta páxina web que nos permitirá dar a coñecer ao mundo o mellor de Portomarín.
Queremos facer dela unha fiestra aberta que permita compartir o traballo e ilusión dun equipo de persoas que nos esforzamos para mellorar a calidade de vida no noso municipio, que informe de todo o que acontece no seu interior e que facilite todas as xestións vencelladas á vida municipal.
A comunicación directa e permanente cos veciños e veciñas será un dos nosos piares básicos, e por iso este espazo virtual servirá para informar, apostando pola transparencia e non pola propaganda, pero tamén queremos que sexa unha ferramenta dinámica, onde a comunicación viaxe nos dous sentidos , incentivando a opinión e participación da cidadanía no seu entorno máis próximo.
Pasade pois, esta é a vosa casa.
Novas, eventos sobre o Concello de Portomarín
Se desexas estar informado sobre novas de interés sobre o Concello de Portomarín rexistrate no noso boletín de novas.