Portomarín – Castromaior
septiembre 30, 2020Ruta do Sendeiro Río Ferreira
Esta ruta parte da vila de Portomarín e lévanos polos camiños que transcorren á beira do río Ferreira, visitando lugares como Zazar, San Clodio, San Fiz, onde podemos contemplar antigos muiños e pontes como a de Cebre,
Ruta do Sendeiro Río Ferreira
Este roteiro discorre parte polo Concello de Guntín e outra parte polo Concello de Portomarín. Comezando desde o Concello de Guntín e xunto ás piscinas municipais, lévanos por un paseo completamente pavimentado, con luz e con bancos, polo bordo do rio. Pasado este tramo, cruzamos o río e penetrámonos no Concello de Portomarín e en pistas asfaltadas e de terra, por paraxes naturais, cruces de arroios e o percorrido case paralelo ao rio Ferreira ata cruzar o rio Nespereira. O roteiro lévanos a lugares como Vilaxuste, Vilar, Domez, e vólvenos ao Concello de Guntin tras volver cruzar o rio Ferreira. En Guntín lévanos a Framean, San Vicente e a Ferreira de Pallares, fermoso pobo onde poderemos visitar o seu Mosteiro e o seu cruceiro. De Ferreira de Pallares, o roteiro devólvenos a Guntín por camiños de terra ata chegar ás rúas do núcleo urbano
Ruta do Sendeiro Río Ferreira:
Productos relacionados
Portomarín – Castromaior
Sáese de Portomarín cruzando o encoro por unha ponte para viandantes. A partir de aí empeza unha subida bastante intensa, seguindo o curso da estrada ata chegar a Gonzar, coa súa igrexa e o seu albergue, situado ao pé do Camiño.
Ruta do Loio
Aínda que estamos a seguir o carreiro río abaixo, o roteiro está chea de repechos. Que ninguén pense que isto é todo baixar. Pasamos xunto a uns carballos e castiñeiros espectaculares e a continuación chegamos ao seguinte punto de interese…
Valoraciones
No hay valoraciones aún.